INFORMACION  - V TRAIL DAS BESTAS 2022

INFORMACION - V TRAIL DAS BESTAS 2022

CATEGORIAS

As categorías son as seguintes para tódalas carreiras;

  • Absoluto/a.
  • Veterán/a. Nados en 1976 en anteriores.
  • Non existe a categoría senior. Os premios absoluto e veterán son acumulativos

HORARIOS E DATA DA CARREIRA

17 DE XULLO 2022
  • 7:30 Apertura de secretaría.
  • 8:30 Saída maratón.
  • 9:00 Saída dos buses ata Os Coruxos 27k
  • 9:30 Saída 27k. (Lembrade estar ás 9 na Veiga para coller o bus para a saída)
  • 10:00 Saída 14k.
  • 10:10 Saída Andaina.
  • Entrega de premios 13:30 14K
  • 14:30 27K e Maratón
  • 15:30 Peche de meta.
 
PERCORRIDOS

01.

Maratón

43 kms. desnivel: 2050 +

02.

27k

Desnivel: 1250+

03.

14k e Andaina

Desnivel 550 metros positivos e  550 metros negativos.
REGULAMENTO
 
MATERIAL OBRIGATORIO PARA A DISTANCIA MARATÓN
 (obrigatorio portar, non levar posto)
  • Cortaventos.
  • Gorro ou buff.
  • Teléfono móbil.

BALIZAXE DA CARREIRA

Haber 3 tipos de marcas para seguir o percorrido:

  1. Marcas fixas con frechas de dirección en crucezamentos e interseccións.
  2. Cinta de balizar vermella e Branca.
  3. Cartais de dirección
  4. Frechas de spray biodegradable en cor fosforescente.

ABASTECEMENTOS

Dependendo da distancia de carreira teredes os seguintes abastecementos:

  • Maratón: 2 Líquidos e 2 Líquidos-Sólidos
  • 27k: 1 Líquido e 1 Líquido-Sólido
  • 14K e Andaina: 1 Líquido
Nos líquido-sólido encontraredes plátanos e xeles.

QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?

No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que faga precisa asistencia medica, deberase intentar chegar aos puntos de emerxencia, onde o persoal da organización prestará asistencia e enviará a ambulancia para a evacuación do accidentado.

No caso de emerxencia grave que impida movérmonos avisarase a outro corredor para que alerte no punto mais próximo ou chamarase aos teléfonos que aparecen nos dorsais. É obriga de todos os corredores prestar asistencia aos lesionados. A organización facilitará coa inscrición un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

No caso de accidente que precise asistencia hospitalaria esta terá que ser prestada exclusivamente no centro concertado co seguro. Queda fóra da responsabilidade da organización a asistencia noutros centros de saúde ou hospitais.

Antes de entrar no recinto de saída procederase ao control de dorsais e do material obrigatorio, se fose necesario. A organización terá o percorrido totalmente balizado e os participantes deberán seguilo estritamente e non saltar ningún tramo. Para realizar ese control cada corredor disporá, no maratón, dun dispositivo GPS que indicará en todo momento a súa posición e o seu track. Nas outras probas haberá xuíces e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos corredores. Tanto o track como as lecturas do chip serán vinculantes á hora de decidir a descualificación dun corredor por non cumprir con todo o percorrido.

 

RESPONSABILIDADE XERAL.

Ao formalizala inscripción, momento de efectuar o pago da proba, cada deportista recoñece baixo sua responsabilidade que reúne e dispon de unhas condicions físicas, psíquicas e o dominio técnico necesario para afrontarla competición con éxito e acabar a carreira nos tempos de corte delimitados pola organización. A posesión da licenza federativa non asegura nin cubre esta responsabilidad. Ase mesmo, os e as participantes deberán:

  1. Ser responsables da sua propia seguridade e da do resto de competidores.
  2. Coñocer y respetar o reglamento da competicion así como o protocolo Fisiocovid-DxtGalego e as medidas particulares de esta carreira.
  3. O participante que abandone a competición está obrigado a quitarse o dorsal e comunicalo a organización.
  4. Obedecer as indicacións da organizacion e voluntarios dispostos durante o percorrido.
  5. Respetar en todo momento as normas de circulación.
  6. Tratar a o resto de atletas, voluntarios e espectadores con respeto e cortesía.
  7. Respetar o medio ambiente e as zoas nasque se celebra a competición, queda terminante prohibido tirar basura, este  feito pode ser causa de descualificación.

Ante as causas meteorolóxicas ou de causa mayor que impidan a modificación de parte ou da totalidade de algúnha das distancias, a organización planteará una prueba alternativa sobre outra distancia e outros recorridos en función das circunstancias pero en ningún caso o evento se pospondrá a outra fecha e non se devolverá o importe de la inscripción.

O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento, e aceptase a publicación nos nosos medios, web, Facebook, instagram, twiter e demáis medios de publicidade do material fotográfico e video de dita  proba