INFORMACION - VI CARREIRA NOCTURNA SOLIDARIA XVI CARREIRA POPULAR DE VEDRA IV ANDAINA SOLIDADIRA

VI  CARREIRA NOCTURNA SOLIDARIA - XVI CARREIRA POPULAR DE VEDRA

IV ANDAINA SOLIDADIRA

 

8 de xaneiro de 2022

Pavillón Municipal de Vedra

 

Ás 18:30 h. CARREIRA ABSOLUTA E SUB 18: 6.500 m.

Ás 18:40 h. ANDAINA SOLIDARIA: 5000 m.

 

Inscricións ata as 23:59 h. do mércores 5 de xaneiro de 2022 na páxina vedrasolidario.galitiming.com

Carreiras absoluta e SUB 18:

Os/as participantes das carreiras absoluta e SUB 18 na inscrición farán un donativo de 2,00€ que será destinado a persoas usuarias de Servizos Sociais do concello de Vedra.

Para recoller o dorsal o día da proba será necesario entregar copia do certificado de vacunación ou pcr negativa. Solo haberá trofeos para as tres primeiras persoas clasificadas da absoluta.

 

Andaina solidaria:

Os/as participantes da andaina para a recollida do dorsal farán un donativo de 2,00€ (que será destinado a persoas usuarias de Servizos Sociais do concello de Vedra) e /ou doar 1 kg. de alimentos non perecedoiros ou cunha caducidade mínima de 4-5 meses (recomendándose aceite, conservas, produtos de hixiene e de limpeza).

 

Habilitarase un dorsal nº 0 para aquelas persoas que queiran participar na doazón sen tomar parte da proba.

 

Ao finalizar haberá chocolate con churros para todas as persoas participantes.